Canto máis te vexo, máis me atroso
e co xeito do teu corpo
vas facendo que me sinta máis coitado que un rapaz
teñolle máis medo os teus ollos
feiticeiros
que ó nubrado dunha noite de meigallos
chea de agoiros do mar
e pra namorarte
xirarei
xirarei como a roda do muíño
xirarei nas tuas augas de muller
xirarei un por un os teus camiños
pra namorarte
xirarei e xirarei
xirarei como ti digas e queiras
pra buscarche a beirada xirarei
e ben se ique coa miña tolereira
namorareite
xirarei e xirarei
Eres coma pomba viaxeira
que voando vas na feira,
das mentiras e verdades
e non sabes onde vas
Canto máis te vexo, máis me atroso
e co demo do teu corpo
vas facendo que me sinta máis coitado que un rapaz
e pra namorarte
xirarei
xirarei como a roda do muíño
xirarei nas tuas augas de muller
xirarei un por un os teus camiños
pra namorarte
xirarei e xirarei
xirarei como ti digas e queiras
pra buscarche a beirada xirarei
e ben se ique coa miña tolereira
namorareite
xirarei e xirarei
xirarei como a roda do muíño
xirarei nas tuas augas de muller
xirarei un por un os teus camiños
pra namorarte
xirarei e xirarei
pra namorarte
xirarei e xirarei